Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta séntese prexudicado por tres decisións que tomou a sala VAR

O Celta séntese prexudicado por tres decisións que tomou a sala VAR

A Strand Larsen anuláronlle dous goles moi polémicos, contra o Real Madrid e As Palmas

O gol non concedido a Bamba contra o Mallorca tamén levantou as críticas de Benítez

G24.gal 03/10/2023 14:58

Ao Celta non o acompañan os resultados e tampouco as decisións arbitrais. Repasamos os erros que prexudicaron o Celta no que vai de liga. O gol de Larsen diante do Real Madrid que anulou o VAR incomodou a Rafa Benítez.

Desas situacións enfurruña aquel agarrón de Larsen a Kepa que a sala VOR examinou minuciosamente para anular o gol galego. Daquela Benítez non alzou moito a voz. Si foi máis crítico coa Liga cando o VAR corrixiu o árbitro nun gol ante o Mallorca.

A esas dúas xogadas hai que engadir o gol anulado a Strand Larsen contra As Palmas. Oito xornadas e van polo momento tres decisións contra o Celta envoltas na polémica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos