O Celta recupera a Carlos e Ristic á procura de manter o bo momento en Mallorca
Os de Benítez só perderon un dos últimos oito partidos e afrontan unha semana cargada con tres compromisos entre Liga e Copa
O Celta afronta en Mallorca outro partido que lle permita manter a boa dinámica que lle permitiu saír dos postos de descenso e achegarse a unha zona máis cómoda na clasificación. O seu rival é outro conxunto que se atopa na mesma pelexa, que gañou en Vigo (0-1) e que se atopa só dous puntos por riba dos celestes.
Para a cita Rafa Benítez recupera a Ristic e a Carlos Domínguez pero mantén as baixas de Starfelt e Cervi. Pensando moito no partido do sábado pero tamén no que vai ter o vindeiro mércores en Valencia coa posibilidade de meterse nuns cuartos de final da Copa, unha competición que pode ser propicia para o Celta.