O Celta presenta un Centenario que comezará a celebrarse desde xaneiro
O cartel, do que hai 1923 copias, foi deseñado por Xosé Vizoso
A Sede do Celta acolleu o primeiro acto do Centenario do club vigués, que se celebrará no vindeiro ano 2023. O 23 de agosto de 1923 é a data da fusión dos dous equipos vigueses que están na orixe do Celta: o Fortuna e o Vigo. Para conmemoralo, o club prepara unha serie de actos que empezarán xa en xaneiro.
Esta tarde a socia número 1 e o mítico ex-xogador Manolo foron os encargados de descubrir o cartel do Centenario, obra do deseñador Xosé Vizoso. A festa contou tamén coa participación da Roda, coa que o presidente Mouriño se atreveu a cantar a foliada do Celta. No seu discurso, o presidente emocionouse lembrando os socios finados.
Dous protagonistas desde primeiro acto foron a aboada número 1 Alicia Barreiro e o xogador que máis veces vestiu a camisola celeste, o gran capitán Manolo.