Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta, preparado para afrontar a campaña máis ilusionante

O Celta, preparado para afrontar a campaña máis ilusionante

As adquisicións de Ilaix e Borja Iglesias en propiedade e as fichaxes de Bryan Zaragoza ou Jutglá enchen de optimismo aos seareiros

O Xetafe será o primeiro rival en Balaídos (domingo, 17:00 horas)

G24.gal 16/08/2025 12:46

O Celta comeza en Balaídos diante do Xetafe a temporada da ilusión. A do regreso a Europa, o segundo proxecto de Claudio Giráldez, ese que enganchou aos seareiros e que acabou do mellor xeito a campaña pasada, cun sétimo posto que estivo por riba do agardado e cun fútbol que namorou en moitos partidos. 

Houbo troco na portería. Guaita deixou o seu sitio ao romanés Radu. É a única liña do campo que esperta algunha dúbida. Tamén marchou Fer López por unha boa cantidade de diñeiro á Premier e o club aproveitou ese movemento para reforzarse en ataque. Dous xogadores son garantía de rendemento. Ilaix e Borja Iglesias foron adquiridos en propiedade despois de completar o ano pasado cesións cun resultado sobresaínte. 

As outras dúas novidades son Ferrán Jutglá e Bryan Zaragoza. O segundo é o que esperta paixóns. O primeiro, non está nos focos pero o rendemento no Bruxas belga estivo a un nivel moi alto. No tocante a altas e baixas está recuperado da doenza que tiña Pablo Durán, que recibiu a alta médica. Son baixa para o encontro Cervi, Aidoo, Starfelt -problema muscular no bíceps femoral- e Damián, que tampouco entrou na lista definitiva. 

En fronte estará un Xetafe con problemas para inscribir as novas fichaxes. Bordalás conta con quince xogadores, catorce se temos en conta que Domingos Duarte está sancionado. Desde a directiva apertan para formalizar algunha ficha máis aproveitando a marxe salarial que lles deu a venda do central Alderete. Pero as dúbidas son moitas no equipo de Bordalás que non saberá ata xusto antes de comezar o partido con quen vai poder contar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade