O Celta podería beneficiarse dunha sanción da UEFA ao Barcelona
O presidente Ceferin xa lanzou a ameaza de exclusión do equipo catalán das competicións europeas para a vindeira temporada
A Uefa fai unha declaración de intencións sobre o caso Negreira a traves do seu presidente. Aleksander Ceferin di que é dos feitos máis graves que ten visto no fútbol e que para a UEFA nada prescribe. A ameaza da exclusión do Barcelona da Liga de campións unha temporada, está sobre a mesa.
O líder da liga deixaría unha praza libre que sería para o quinto clasificado, polo que o sexto e o sétimo acudirían á liga Europa, o que aumentaría as opcións europeas pros demais. O presidente do Celta pronunciouse hai uns días sobre o caso Negreira e non lle vía percorrido no eido deportivo sen probas evidentes.
O regulamento da UEfa prevé sanción para aquel club que resulte culpable de tentar amañar ou influir no resultado dun partido. O Barcelona, como promotor da superliga, xa estaba no punto de mira. As palabras graves de Ceferin chegan ademais nas vésperas dun clásico.
O Barcelona tamén ten unha fronte con Tebas. O presidente da liga presentou na Fiscalía unhas supostas probas que o entorno balugrá cualifica de falsas. O caso Negreira segue dous camiños, o da xustiza ordinaria e a deportiva.