Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta non lle pon fin á crise, e o venres toca visitar o colíder Xirona

O Celta non lle pon fin á crise, e o venres toca visitar o colíder Xirona

Seis puntos en dez xornadas é unha bagaxe que está moi por debaixo do agardado

Visita este venres o campo do Xirona, que leva 25 puntos e está a carón do Real Madrid

G24.gal 22/10/2023 23:33

A crise de resultados do Celta tampouco rematou nesta xornada. A derrota por 0-3 contra o Atlético fixo dano, sobre todo polo xeito de producirse. A sensación é que trataron de ti un dos mellores equipos da Liga, pero a expulsión, os erros diante da portería contraria, etc. están a pasarlle factura. 

Os números en Balaídos son preocupantes. Dous empates e catro derrotas. Só deu marcado tres goles e recibiu dez. A esperanza é que como visitante mellora as súas prestacións e foi aí onde logrou a única vitoria da temporada. 

O rival, pola contra, chega como un foguete á cita. Vinte e cinco puntos de 30 posibles, só unha derrota en todo o campionato (contra o Real Madrid). O Xirona será un exame de máxima esixencia para un Celta que precisa os puntos. Benítez non está en discusión, pero os resultados son os que mandan no fútbol. 

O enfado de Iago Aspas

Estaba o Celta xogando uns bos minutos despois do descanso, e no minuto 60 Benítez decidiu trocar a Iago Aspas. O capitán colleu un enfado monumental e, pouco despois, chegou o segundo gol do Atlético, que acabou por decidir o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade