Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta mira cara a Xirona, onde tentará reconducir o mal inicio de liga

O Celta mira cara a Xirona, onde tentará reconducir o mal inicio de liga

Un punto sobre seis posibles e os seis goles encaixados son os datos que cómpre mudar de contado

G24.gal 22/08/2022 21:54

Non comezou ben o Celta, repite o mal inicio da temporada pasada, un punto de seis posibles logo do empate ante o Español e a derrota fronte o Real Madrid.

Preocupa tamén ter encaixado seis goles en só dúas xornadas pero case sen tempo de pensar no pasado o equipo ten que centrarse xa no seguinte encontro. Este venres xoga en Montilivi ante o Xirona. Un Xirona que por certo, pecha a segunda xornada ante o Xetafe.

Os celestes volveron ao traballo o luns pola mañá en Afouteza. Precisan puntos para recuperar os ánimos, cortar a mala xeira inicial e evitar que se prolongue tanto coma o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Noticias relacionadas
Xirona 3-1 Xetafe