O Celta comezará a pretemporada o 3 de xullo cun equipo repleto de canteiráns
Renato Tapia, que remata contrato, semella que non vai seguir no club
Acabou a Liga, empeza o mercado. O director deportivo do Celta expuxo as liñas mestras, coa presenza de Marián Mouriño. Preparan un equipo de 23 xogadores, dos cales 5 serán mozos da canteira.
Á parte dos canteiráns, a peza máis cobizada do Celta é Larsen. Maximo goleador, con 13 goles. En febreiro Garcés falou dun posible traspaso a partir de 25 millóns. Garcés puntualizou que a liquidación de Benítez non compromete a economía nin obriga a vender.
Preto de dous millóns custaría o regreso de Iker Losada. O dianteiro Rácing triunfou en Segunda despois de deixar o filial de Claudio Giraldez. O mercado está moi verde pero a saída de Renato Tapia parece clara. Acaba contrato e ten ofertas altas, difícil que estea o 3 de xullo no comezo da pretemporada.