Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta cae co Vilarreal (1-2) e suma cinco xornadas sen gañar

O Celta cae co Vilarreal (1-2) e suma cinco xornadas sen gañar

Desta volta tocou remar logo do 0-1 de Mikaytadze, e Jutglá empatou

Outro tanto do xeorxiano na segunda metade xa resultou insalvable

G24.gal 29/11/2026 20:28

O Celta volveu perder na casa, onde non o facía desde agosto, e fíxoo contra o Vilarreal para encadear cinco xornadas sen gañar.

Logo de falar na previa das remontas que está a sufrir o equipo vigués, este partido comezou con labazada. E é que aos dous minutos tomaba vantaxe o Vilarreal, logo dun penalti por mans de Javi Rueda á saída dun córner que viu o árbitro no VAR. Non perdoou no lanzamento Mikautadze.

O Celta botouse arriba á busca do empate, e tardou en chegar a primeira ocasión. Foi para Williot, que rematou preto da escadra de Gulacsi aos 25 minutos. E, catro despois, unha boa xogada de equpo do Celta culminaba con asistencia de Williot, e gol de Jutglá ao primeiro toque. Empataba o Celta, que gozou dalgunha ocasión máis de culminar a remonta antes do descanso. Pero o partido chegou igualado ao tempo de lecer.

A segunda metade comezou con outra boa ocasión do Celta, cun remate de Javi Rueda que rexeitou o meta do submarino. E, xusto a seguir, un erro na saída provocaba unha perda, e Mikautadze volvía marcar, desta volta diante de Radu. Outra vez tiña que buscar a remonta o cadro vigués. Un lanzamento lonxano de Buchanan foi a bagaxe dos seguintes minutos, mentres o Celta intentaba facerse outra vez co control. E volveu pisar área con perigo. E así chegaron novas ocasións, nas botas de Antañón, e nun barullo na área que non foron quen de resolver os olívicos.

No 78 chegou unha falta perigosa, e tirouna Hugo Álvarez, pero sacouna cos puños Gulacsi. Claudio redobrou a aposta coa entrada de Jones e Borja Iglesias, co Vilarreal embotellado na súa área. Pero o segundo dos vigueses non chegou, e o Celta encadea cinco xornadas ligueiras sen gañar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos