O Celta B pásalle por riba ao filial do Valladolid (3-0)
Vitoria contundente do Celta B contra o filial do Valladolid. A primeira ocasión clara produciuse no minuto 22 con este disparo dentro da área de Alfon. Volveuno intentar minutos despois o brasileiro Fabrizio, con boa resposta por parte do porteiro visitante. A resposta do Vallodolid foi escasa. Intentouno con esta xogada que parou sen problemas Gaizca Campos.
O primeiro gol chegou no minuto 38 despois deste centro de Diego Pampín e, sobre todo, despois deste erro do porteiro visitante, que aproveitou no segundo pau Iker Losada.
Os erros en defensa do Valladolid B non quedaron aí. Esta cesión defectuosa aproveitouna Alfon para facer o segundo cando quedaban poucos segundos para o tempo de descaso.
A segunda metade comezou con máis ocasións para o Celta B, por exemplo esta de Fabrizio, que salvou na liña de gol o defensa do Valladolid. Ou este disparo desde fóra da area de Medrano.
Tras estes avisos chegou o terceiro. O protagonista foi novamente Diego Pampin: gran xogada pola banda e centro impecable que converte en gol o francés Thomas Carrique.
O conxunto de Onésimo Sánchez recupera así o camiño da vitoria despois dos dous últimos partidos perdidos en Barreiro e de catro xornadas sen gañar.