Cargando resultados...
O Celta agarda pechar dúas fichaxes máis antes de marchar á xira americana
O Celta agarda pechar dúas fichaxes máis antes de marchar á xira americana
Unai Núñez e Lobete deixarían en cinco a lista de altas do equipo de Coudet
G24.gal
09/07/2022 15:33
O Celta 2002-23 vai collendo forma logo dunha semana de traballo. O asesor externo Luis Campos vai pechando incorporacións para que Coudet teña o equipo pechado canto antes. Arestora traballa con 21 futbolistas, entre os que se atopan as tres fichaxes xa confirmadas. O sueco Swedberg e os centrocampistas Óscar Rodríguez e Luca de la Torre.
Pendentes de máis chegadas, as vindeiras en confirmarse poderían ser a de Unai Núñez e a de Lobete, a xira americana será a primeira proba para comprobar como arranca esta nova versión do Celta. O mércores, o primeiro amigable contra o Pumas mexicano.