Cargando resultados...
O Celta agarda facer caixa co traspaso de Orbelín Pineda
Realizou unha gran temporada no AEK de Atenas e o fútbol grego suspira polo xogador mexicano
G24.gal
14/06/2023 12:04
O Celta agarda facer caixa con Orbelín Pineda. O mexicano non entrou nos plans de Coudet e a súa cesión a Grecia foi un éxito. No AEK de Atenas converteuse nun xogador importante, gañaron a liga e a Copa e clasificáronse para disputar a fase previa da Champions.
O AEK está disposto a pagar por Orbelín e no Celta refregan as mans. Outros equipos gregos como o Panathinaikos tamén puxeron sobre a mesa unha boa cantidade de cartos. Orbelín chegou a custo cero e agora podería ser traspasado por 7 ou 8 millóns de euros.