O Celta afronta mañá a visita do Xetafe no descenso, pero con Rafa Benítez confiado
Rafa Benítez falou na previa da xornada de mañá diante do Xetafe. Malia a afrontar o encontro nos postos de descenso, o técnico non cre que o seu posto estea en perigo, e si confía en mellorar os resultados. Afirmou estar nun proceso de análise das causas dos malos resultados. Malia a que moitos dos goles chegaron nos minutos finais dos partidos, Benítez non cre que detrás poida estar o aspecto físico, xa que afirmou que o seu equipo está entre os mellores.
O que si ve son factores que non están a beneficiar ao seu equipo, como por exemplo o VAR. Indicou que, cando as decisións se equilibren, os resultados han mellorar.
Para o partido contra o Xetafe, mañá ás 18:30h en Balaídos, onde o Celta aínda non gañou, Benítez conta coas dúbidas de Aidoo, Starfelt e Tapia. Precísamente Renato Tapia protagonizou un dos momentos curiosos da sesión de traballo en Afouteza, cando respondeu baixando os pantalóns a unha brincadeira de Marchesín, como captou a nosa cámara.