Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta afronta con renovado optimismo a visita ao Camp Nou

O Celta afronta con renovado optimismo a visita ao Camp Nou

O triunfo ante o Betis aumenta a moral dos celestes antes de visitar un rival ferido polo acontecido na Liga de Campións

G24.gal 05/10/2022 22:57

O Celta visita o domingo o Camp Nou para enfrontarse ao líder, o Barcelona. Os celestes preparan ese encontro. Esta mañá adestráronse en Afouteza aínda sen Coudet. Ariel Broggi dirixiu novamente a sesión ante a ausencia por motivos familiares do Chacho.

Hugo Mallo adestrouse con normalidade logo de rematar o último encontro ante o Betis con molestias. Tamén estivo co grupo Iago Aspas, ausente no último encontro por unha indisposición estomacal. O presidente Mouriño manifestou esta tarde que o Celta vai con moita ilusión xogar ao Camp Nou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade