Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG súmase á iniciativa parlamentaria para instar o Goberno a que lles esixa aos EUA levantar o bloqueo sobre Cuba

O BNG súmase á iniciativa parlamentaria para instar o Goberno a que lles esixa aos EUA levantar o bloqueo sobre Cuba

A proposión non de lei é conxunta de todos os grupos da esquerda, agás o PSOE

Na iniciativa cualifican de "inxerencia sistemática" o comportamento dos Estados Unidos en Iberoamérica, á que consideran "un patio traseiro"

Representantes de Sumar, Podemos, ERC, Bildu e Néstor Rego do BNG, reuníronse no Congreso co embaixador de Cuba en España. Foto remitida por Bildu Representantes de Sumar, Podemos, ERC, Bildu e Néstor Rego do BNG, reuníronse no Congreso co embaixador de Cuba en España. Foto remitida por Bildu
G24.gal 10/02/2026 19:06 Última actualización 10/02/2026 19:42

Sumar, Podemos, ERC, Bildu, BNG, Compromís e Coalición Canaria rexistraron no Congreso unha iniciativa para instar o Goberno a actuar e esixir o levantamento do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos contra Cuba, así como a defender o dereito internacional, a soberanía dos estados e a paz.

Esta proposición non de lei conxunta parte da iniciativa do portavoz de EU no Congreso, Enrique Santiago, que a pasada semana avanzou unha iniciativa parlamentaria de apoio a Cuba tras as últimas medidas adoptadas pola Administración de Donald Trump impoñendo aranceis a todos os países que comercien sobre petróleo coa illa, o que podería provocar nunhas semanas o "colapso" das súas infraestruturas, hospitais e rede eléctrica e mobilidade.

Na iniciativa conxunta presentada este martes para o seu debate no pleno ponse o foco no que definen como unha "inxerencia sistemática" dos Estados Unidos en Iberoamérica e denuncia a lóxica de Washington de levar a cabo intervencións militares, políticas de inxerencia, presión económica e ameazas contra estados soberanos "en aberta contradición cos principios do dereito internacional e do sistema multilateral".

Neste sentido, o texto, subliña que esta concepción "hexemónica" das relacións internacionais considera a rexión iberoamericana como un "patio traseiro" e unha esfera de influencia exclusiva, unha lóxica herdeira da doutrina Monroe e da súa reinterpretación contemporánea "en clave unilateral e coercitiva".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade