O Bergantiños certifica a permanencia e soña coa promoción
Os de Lemos gañáronlle 2-0 ao anterior líder da categoría, o Unión Adarve
Triunfo crucial do Bergantiños para pechar definitivamente a permanencia cos 45 puntos e pensar xa nos postos de promoción. Os de Lemos tombaron 2-0 ao Unión Adarve nun partido moi quente no que os dous equipos remataron con 10 e houbo varias leas durante o partido (mesmo un asistente dos de Carballo rematou expulsado)
O partido estivo marcado pola expulsión moi cedo do xogador Dani Ramos do Unión Adarve, nunha xogada moi rara na que o colexiado sinalara en primeira instancia falta a prol do cadro visitante, pero acabou expulsando ao xogador.
A partir diso solventou o Bergantiños, dous goles na primeira parte de Yelco e Christian para colocar o 2-0 no marcador que finalmente non se moveu. Co triunfo, o Bergantiños mantén intactas as súas opcións de xogar play-off.