Publicador de contidos

Publicador de contidos

O atleta Pablo Otero adéstrase a fondo para correr desde A Illa de Arousa a Balaídos

O atleta Pablo Otero adéstrase a fondo para correr desde A Illa de Arousa a Balaídos

O subcampión de España da Milla marcou o reto de facer unha carreira de 70 km despois da clasificación europea do Celta

"Se gañan a Europa League, fago o camiño de ida e de volta"

G24.gal 14/08/2025 13:09

Pablo Otero é un seareiro do Celta da Illa de Arousa que o ano pasado prometeu ir desde a Illa ata Balaídos se o Celta entraba en competición europea. O atleta arousán conta co apoio da Peña Celtista Carcamáns e do equipo vigués que foi contactado polo presidente da peña para propoñerlle o reto

Pablo xa ten o camiño planificado para chegar a Balaídos a tempo para o partido do domingo e anima a que se lle unan no seu percorrido todos os afeccionados que queiran. Otero non é só un seareiro do Celta, senón que é atleta profesional sendo o vixente subcampión de España na Milla, e xa está pensando que facer o próximo ano si o Celta supera o acadado nesta última temporada porque promete facer o mesmo camiño de ida e de volta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar