Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arousa remonta contra o Céltiga (3-2) e acada o ascenso á 2ª RFEF

O Arousa remonta contra o Céltiga (3-2) e acada o ascenso á 2ª RFEF

Os da Illa puxéronse 0-2, pero Gabri Palmás, cun dobrete, culminou a remonta en 20 minutos

O Compostela gañou en Viveiro (0-1) pero terá que disputar o play off de ascenso

A xornada deixou definidas as semifinais galegas polo ascenso: Vilalbés-Compostela e Estradense-At. Arteixo

G24.gal 10/05/2026 19:54

A última xornada na Terceira Federación resultou dramática na loita polo ascenso. O Arousa tiña o ascenso na man, abondáballe con gañar na Lomba diante do Céltiga, pero estivo a piques de deixalo fuxir. Os da Illa puxéronse con vantaxe de 0-2, despois dos goles de Adrián Rodríguez e dun golazo de Nico.

Para entón, o Compostela xa gañaba por 0-1 en Viveiro, resultado que precisaba si ou si se quería axexar a primeira praza dos arousáns, que comezaban a xornada dous puntos por diante. 

A misión do Arousa era moi complicada, pero o equipo púxose a elo. O primeiro, no minuto 15 da segunda metade, marcouno Gabri Palmás. O gol do empate marcouno Iñaki no 76. E no 82 un pase de Pacheco, centra Lombao e repite Gabri Palmás, cun dobrete que quedará na historia do Arousa. Un Arousa que ascende directo á Segunda Federación como campión da Terceira Galega.

O Compostela terá que disputar o play off de ascenso como segundo do grupo. A primeira eliminatoria será contra o quinto, o Rácing Vilalbés. O outro emparellamento é entre o Estradense, cuarto clasificado, e o Atlético Arteixo, que rematou de terceiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos