Cargando resultados...
O apagamento pon en perigo o Almería-Rácing Ferrol
Esperarase ata última hora para aprazalo, poderíase atrasar media hora ou xogarse mañá

G24.gal
28/04/2025 17:36
Última actualización 28/04/2025 17:42
Esta noite, ás 20.30 horas, ten que xogarse o Almería-Rácing Ferrol no feudo andaluz. Os galegos, así como o colexiado murciano Lax Franco e o seu corpo arbitral atópanse en terras almerienses, polo que o apagamento pillounos en plena concentración, a uns, e dando un paseo os outros.
Tras unhas conversas, a decisión é esperar ata o máximo posible para ver se se recupera a luz e pódese xogar o partido no Almería Stadium, e que o público poida ir velo.
Pendentes dunha comunicación oficial, todos están á espera de ter datos máis concretos, xa que se lles aseguran que a luz regresará antes das 21.00 horas.