Núñez Feijóo: "O meu compromiso é reconstruir o noso país"
Feijóo, reelixido presidente co 99,24% dos votos, pediu que se fai o mesmo que Pedro Sánchez o boten do partido: "Eu non son nin serei como el"
O líder do PP recupera a Cayetana Álvarez de Toledo, aposta pola continuidade no novo Comité Executivo e reforza o peso territorial de Galicia e Madrid
"O meu compromiso é reconstruír o noso país", ratificou o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, este sábado ante o congreso nacional do seu partido, onde asegurou que os populares foron convocados "polo cambio", que "é o que toca", pensando en gañar unhas próximas eleccións.
O actual presidente foi reelixido co 99,24% dos votos dos compromisarios. Cun censo de 3.212 compromisarios, votaron 2.799, con 2.760 votos a favor, 21 en branco, 18 nulos e ningún en contra.
"Estamos aquí polo cambio e é o que toca, se non conseguimos o cambio fracasamos neste congreso por moi ben que salga, isto non acaba hoxe, acaba despois do reconto electoral", aseverou ante o plenario, onde comparou a "mañaniña" que tivo o PSOE este sábado no seu Comité Federal co tranquilo desenvolvemento do congreso dos populares.
Continuidade e relevancia de Galicia e Madrid nos órganos de dirección
Feijóo, apostou pola continuidade no Comité Executivo Nacional do PP que sairá do XXI Congreso nacional extraordinario, no que dos 35 nomes repiten máis dunha quincena de cargos. Aínda que na candidatura buscou o equilibrio territorial, hai dúas comunidades que saen reforzadas: Madrid e Galicia.
Galego é o novo secretario xeral, Miguel Tellado, que ocupará o lugar de Cuca Gamarra. Feijóo encarga a Gamarra a rexeneración institucional do PP e agradécelle a súa "xenerosidade" ao deixar paso a Tellado.

Dos cinco cargos de libre designación a proposta de Feijóo, catro deles repiten no Comité Executivo: a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, a alcaldesa de Valencia, María José Catalá, o exministro galego José Manuel Romay Beccaría, e o exalcalde de Madrid, Manuel Cobo.
Nesa terna de vogais designados polo presidente do PP, si que hai unha nova incorporación, a da deputada madrileña e portavoz adxunta do Grupo Popular no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, que deixou de pertencer a este órgano tras ser destituída como portavoz parlamentaria por Pablo Casado en agosto de 2020.
Entre os vogais do Comité Executivo que repiten figura o alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida; o alcalde de Alacante, Luis Barcala; a deputada por Baleares Sandra Fernández Herranz; a responsable de Xustiza, Interior e Defensa do PP, Cuca Gamarra; a alcaldesa de Guadalaxara, Ana Guarinos; e o secretario do PP de Madrid, Alfonso Serrano.
Ademais, repiten nos seus mesmos postos o presidente do Comité Electoral Nacional do PP, o galego Diego Calvo, conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia; e o presidente do Comité de Dereitos e Garantías do PP, o estremeño José Antonio Monago.
Tamén seguen formando parte do Comité Executivo o ex vicepresidente da Xunta Francisco Conde e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.
Polo que respecta a xunta directiva nacional, con 30 membros, contará coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, e do parlamentario e ex conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.
Manual de decencia
Feijóo, asegurou que o seu partido non negociou nin vai negociar nin negocia a unidade dos españois.
Na súa intervención debullou o seu "manual de decencia" a través dun decálogo con dez compromisos, o primeiro dos cales é un proxecto nacional.
"Somos o único partido capaz de defender a España como proxecto común, porque unha sociedade non se constrúe só para estar xuntos, senón para facer cousas xuntos. E somos o único partido que non negocia nin negociará coa unión entre os españois", remarcou.
Na súa intervención fixo ademais un emotivo recordo dos falecidos a mans da banda terrorista ETA, entre os aplausos dos asistentes.
Feijóo, apoiouse no expresidente do Goberno e do partido José María Aznar para subliñar que os populares teñen que aspirar á centralidade co obxectivo de "volver ser un partido de dez millóns de votantes".
O líder do PP asegurou que a "mentiras", "cesións", "manobras", "propaganda" ou enfrontar aos españois, gáñanlles os socialistas. "Pero a valores, a conviccións, a proxecto, a servizo e a democracia Imos arrasar!"
Por iso dixo que "cando chegue á Moncloa, España non estará en venda, nunca estará en venda". "Custe o que custe, cústeme o que me custe", garantiu.
"Non son nin serei como el"
Feijóo pediu ao termo do seu discurso de presentación da súa candidatura á Presidencia da formación, que se fai o mesmo que Pedro Sánchez o boten do partido: "Eu non son nin serei como el".
O líder popular asegurou que non se pode permitir a degradacion dun partido de estado.
Apoio da delegación galega
A delegación galega neste congreso suma medio milleiro de persoas. Á cabeza desta representación, Alfonso Rueda, que reivindica o peso do Partido Popular de Galicia no equipo de dirección dos populares, con Feijóo como presidente e Miguel Tellado como novo secretario xeral. Rueda destaca que Feijóo deixou acreditada en Galicia a súa capacidade de xestión.