Cargando resultados...
Nova suba de ingresos e récord de contaxios na área sanitaria da Coruña
As hospitalizacións continúan en ascenso, con 134 ingresados por covid
Rexistrou 1.754 novos contaxios en 24 horas, o máximo histórico nesta área
G24.gal
14/01/2022 15:05
Na última xornada houbo nesta área da Coruña 16 novos ingresos. En total teñen 134 camas ocupadas por pacientes covid, 16 delas son de UCI. Son unhas cifras de hospitalización moi superiores ás da área de Vigo onde, porén, hai máis casos activos.
No que si coinciden coa demarcación viguesa é en bater un novo récord de contaxios. Foron máis de 1.700 novos positivos (1.754) en 24 horas. Unha cifra nunca vista en pandemia, que engade máis presión sobre a Atención Primaria e que invita a completar a vacinación e a extremar a prudencia entre a cidadanía.