Nova campaña de vacinación nos EUA dirixida aos 47 millóns de persoas que non teñen ningunha dose da vacina
Nova campaña de vacinación nos EUA dirixida aos 47 millóns de persoas que non teñen ningunha dose da vacina
Os Estados Unidos sumáronse ao movemento de peche de fronteiras para viaxes procedentes do sur de África

Os Estados Unidos sumáronse ao movemento de peche de fronteiras para viaxes procedentes do sur de África, pero o esforzo principal está dirixido a aumentar as vacinacións.
A administración Biden está tomando unha postura máis proactiva ca a que adoptou este verán, cando apareceu a variante delta, que a colleu desprevida e en plena campaña de volta á normalidade.
O presidente Biden, acompañado polo doutor Faucci, o máximo representante científico da administración norteamericana, reiniciou os chamamentos aos máis de 47 millóns de norteamericanos que non teñen ningunha dose para que se vacinen e anunciou para pasadomañá a presentación dunha nova estratexia fronte á nova variante.