Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nomean o fiscal que investigará o fillo de Joe Biden

Nomean o fiscal que investigará o fillo de Joe Biden

Está acusado de non declarar correctamente os seus impostos en 2017 e 2018 e de posesión dunha arma de fogo

Arquivo Arquivo
G24.gal 11/08/2023 20:15 Última actualización 11/08/2023 20:24

O secretario de Xustiza de Estados Unidos, Merrick Garland, anunciou este venres o nomeamento dun fiscal especial para a investigación contra Hunter Biden, o fillo do presidente do país, Joe Biden.

O elixido é David Weiss, o fiscal federal de Delaware que liderou ata o de agora as pescudas desenvolvidas contra Hunter Biden: este xurista "supervisará a investigación e decidirá onde, cando e se presentar cargos" e "non estará suxeito á supervisión diaria de ningún funcionario do departamento", precisou Garland.

Hunter Biden está acusado de non declarar correctamente os seus impostos en 2017 e 2018 e, ademais, imputóuselle un delito relacionado coa posesión dunha arma de fogo, que é ilegal cando se trata dunha persoa con adiccións.

A investigación contra Hunter Biden abriuse en 2018 durante o mandato de Trump e foi utilizada polos conservadores para atacar ao presidente demócrata, ao que acusan de non facer ningún esforzo para levar esta indagación ata o final.

Pouco máis dun ano antes de que se celebren eleccións presidenciais nos Estados Unidos e con Trump acusando a Biden de perseguilo politicamente, o Goberno estadounidense decidiu hoxe facer un novo movemento nomeando a Weiss, que no pasado foi elixido por Trump para ocupar o posto, co fin de refutar as críticas republicanas de que o proceso está politizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade