Cargando resultados...
Noah Lyles gaña os cen metros máis axustados da historia
Gañoulle por cinco milésimas ao xamaicano Thompson que fixo o mesmo tempo na liña de meta, 9,79

G24.gal
04/08/2024 22:01
O velocista Noah Lyles chegou aos Xogos Olímpicos de París coa firme intención de seguir sendo o home máis rápido do mundo e emular ao xamaicano Usain Bolt coa tripla coroa dos 100, 200 e o relevo 4x100, algo que xa conseguiu nos últimos mundiais en Budapest.
Na final máis igualada de todos os tempos Lyles conseguiu o ouro olímpico nos cen metros cun tempo de 9.79, exactamente o mesmo que fixo o tamén xamaicano Thompson que quedou a cinco milésimas de gañar a proba raíña do atletismo nos Xogos. Os catro primeiros estiveron en catro centésimas e houbo que agardar máis ca nunca para que os xuíces comunicasen a decisión.