Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández: "Aínda podemos alcanzar cotas máis altas"

Moncho Fernández: "Aínda podemos alcanzar cotas máis altas"

Will Magnay, baixa para os dous partidos en Barcelona e Badalona

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 11/05/2023 16:39 Última actualización 11/05/2023 16:45

O Obradoiro viaxa esta tarde a Barcelona para disputar dous partidos seguidos en terras catalás, o venres ante o Barça e o domingo fronte ao Joventut. A única baixa na expedición santiaguesa é a de Will Magnay, que sufriu un contratempo nun adestramento, nun choque cun compañeiro. As probas médicas descartaron unha lesión grave, pero non está en condicións de ser da partida. Ocupará o seu lugar na convocatoria o canteirán Santi Paz.

O pivote australiano non está a ter moita fortuna no seu paso por Sar. Os problemas físicos impedíronlle xogar en Valencia. A pasada fin de semana tivo unha participación case testemuñal no encontro ante o Granada e, cando parecía xa recuperado, tivo que poñer pé a terra outra vez.

Malia ter a salvación feita, o equipo ten ambición:

Moncho Fernández: "Hai cousas na mesa en xogo. Quedan tres partidos. Aínda podemos alcanzar cotas máis altas".

O Barcelona ten a baixa de Higgins, que acaba de pasar polo quirófano e dixo adeus á tempada. E, salvo que faga cambios de última hora na lista, tampouco contará con Vesely, cuxa ficha está desactivada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade