Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza aposta por "pelexar polos postos europeos" a vindeira temporada

Mingueza aposta por "pelexar polos postos europeos" a vindeira temporada

O xogador celtista amósase moi comprometido co proxecto do Celta

Pode ser o único futbolista do cadro que complete os 38 partidos de Liga

G24.gal 24/05/2024 08:32

O xogador máis empregado nesta temporada do Celta foi Òscar Mingueza. O catalán participou en todos os encontros e quere rematar o campionato disputando cando menos un minuto dos 38 encontros de Liga. 

Mingueza pasou por Ao contraataque da Radio Galega, repasou a temporada e falou das ilusións para a vindeira campaña. Con contrato no club, non se ve noutro lugar que non sexa o Celta. Despois de dúas campañas de sufrimento ata os últimos encontros, o xogador agarda que haxa un troco na dinámica do club e ten a ilusión de "pasar un ano tranquilo e poder pelexar polos postos europeos". 

Fichado como lateral, esta tempada destacou pola súa polivalencia. Con Benítez actuou en case calquera posición da defensa (lateral e central) e do centro do campo (interior e mediocentro). Mingueza bromeou dicinco que o que máis lle gusta é participar en postos de ataque. 

Asegurou estar moi agradecido a Rafa Benítez por todo o que contou con el pero recoñece que a chegada de Claudio Giráldez foi beneficiosa para o equipo. "O corpo técnico ten moita ambición, a idea de xogo é moi boa e represéntame", asegurou Mingueza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade