Miguel Rodríguez estrea a serie goleadora no primeiro equipo
O gran anotador en categorías de base aparece con forza nos seus primeiros minutos da temporada
Entrou no minuto 78 de partido e ao pouco de facelo Acuña marcaba o 2-0. Pero con Miguel Rodríguez no campo sempre vai haber opcións de marcar un gol porque o demostrou en todas as categorías inferiores do Celta. O 2-1 que anotou no minuto 90 e co que comezou a reacción pode pasar á historia porque era moim agardada a estrea goleadora do de Redondela co primeiro equipo.
Miguel é un adiantado ao seu tempo. Nunha soa temporada como infantil marcou cen goles. Sempre xogou unha categoría por diante da súa idade. Con 15 anos era habitual no xuvenil e con 17 no equipo de Segunda División B (esa misma temporada debutou en Primeira co Celta). A temporada pasada anotou 11 goles en Primeira Federación e este campionato xa leva oito.
Miguel pode desenvolverse como dianteiro o chegando desde a banda. É rápido e con moito gol. Unha perla para o futuro do Celta.