Cargando resultados...
Miguel Loureiro: "Ninguén dixo que isto fose doado"
G24.gal
20/09/2022 21:40
O Lugo buscará a vitoria o vindeiro domingo ante o Oviedo no Anxo Carro logo de encadear dúas derrotas consecutivas. Hernán Pérez ten baixas importantes, a última, a de Pirri por lesión.
Tamén perde a Cuéllar, Sequeira e Idrissa, convocados coas súas respectivas seleccións, e a Chris Ramos, que foi expulsado ante o Vilarreal B. Con todo, o lateral Miguel Loureiro confía nas posibilidades do seu equipo.
O de Cerceda asegura: "Ninguén dixo que isto fose doado". Porque hai equipos de moita calidade, pero Loureiro entende: "Temos que crer en nós e os resultados acabarán chegando".