Mensaxe de Soriano á canteira: "A porta está aberta e queremos xente que a empurre"
O Deportivo presentou o centrocampista José Ángel, procedente do Tenerife
Na súa primeira aparición diante dos medios de comunicación Fernando Soriano, director deportivo do cadro coruñés, dixo que ía ser un proxecto baseado nos xogadores de Abegondo e citou varios nomes: Martín Ochoa, Barcia, Mella, Yeremay, Diego Gómez, etc.
Pero á hora da verdade hai algún deles que apenas está aparecendo co primeiro equipo nos amigables. Un deles é David Mella. A Soriano preguntóuselle polo santiagués, pero deu unha resposta que colle a todos eles: "A porta está medio aberta, pero queremos xente que a empurre de verdade. Van a ter as súas oportunidades, cada adestramento teñen que facernos ver que queren e que poden".
Presentación de José Ángel
Soriano estivo a carón de José Ángel Jurado na súa presentación como xogador do Deportivo. O centrocampista sevillano será unha peza importante no esquema dos de Idiákez. Ten que impoñer a súa calidade e experiencia que lle deron as seis temporadas que xogou en Segunda co Almería, Cartaxena, Alcorcón e Tenerife.