Publicador de contidos

Publicador de contidos

Memorable remontada do Bergantiños para gañar en Palencia (3-5)

Memorable remontada do Bergantiños para gañar en Palencia (3-5)

Perdía por 3-1 no descanso e marcou catro goles na segunda parte

Boedo (2), Christian (2) e Remeseiro de penalti anotaron os goles

G24.gal 13/03/2022 20:34

O Bergantiños continúa a sorprender na Segunda Federación. O mércores derrotou o Salamanca e meteuse entre os cinco primeiros e hoxe deulle continuidade á súa gran temporada cun triunfo que quedará nos libros de historia diante do Palencia. 

Perdía ao descanso por 3–1 e nunha segunda metade memorable conseguiu remontar ata levar o triunfo por 3–5. 

Sualdea e Alex Boedo xa marcaran antes do minuto 15. Adri Pérez fixo un dobrete para o Palencia e puxo o 3–1 no tempo de lecer. Aos quince minutos do segundo tempo Remeseiro transformou un penalti para recortar diferenzas, e no 77 Álex Boedo empataba (3–3).

Outro equipo aguantaría o resultado pero o Bergantiños uliu sangue e foise polo triunfo. Ao contragolpe Christian foi o factor determinante e anotou os dous últimos goles dun partido de tolos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar