Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marlaska responsabiliza o PP da corrupción do caso Cuarteis

Marlaska responsabiliza o PP da corrupción do caso Cuarteis

Varios partidos da oposición reclámanlle que aclare as posibles relación co caso Mediador ou coa dimisión da directora da Garda Civil

G24.gal 27/03/2023 20:24 Última actualización 27/03/2023 20:49

Tirapuxa no Congreso polo coñecido como caso Cuarteis, en que están investigados varios altos cargos da Garda Civil. O ministro do Interior di que é un caso de corrupción herdado do Partido Popular. Tanto o PP como outros partidos da oposición piden que se aclare as súas posibles relacións coa trama Mediador, ou coa dimisión da directora xeral da Garda Civil María Gámez.

"É un caso que se deu baixo os gobernos do Partido Popular e que se tratou de ocultar. Se este caso está nos xulgados é porque este Goberno non paraliza as investigacións", di Marlaska.

Miguel Gutiérrez, de Ciudadanos, di: "Non pense que é distinto aos eres de Andalucía ou a estas corruptelas con que está gobernando o Partido Socialista".

Javier Espinosa de los Monteros, de Vox, argumenta: "Non lle chamen caso Cuarteis, non é así. É o caso Gámez, como foi no seu día o caso Roldán.

Ana Vázquez, do PP, di: "Non se pode caer máis baixo nin ter máis indignidade. Esta é unha manobra ordinaria, orquestrada por vostede, atacando a Garda Civil para salvarlle a cara ao seu partido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade