Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Pérez pide calma: "Non se vai ascender na xornada sete"

Lucas Pérez pide calma: "Non se vai ascender na xornada sete"

O capitán analizou o partido do Celta Fortuna deste domingo (19:00 horas, G2 e G24)

"Vexo a Imanol ascendendo con este equipo", asegurou Lucas Pérez

G24.gal 05/10/2023 12:46

Domingo ás 19:00. Será un partido de fortes emocións en Riazor e quen mellor o sabe é Lucas Pérez. O capitán analizou o momento do Deportivo, cun inicio moi irregular e só unha vitoria nas primeiras xornadas, a conseguida diante do Lugo. 

Lucas pide calma, asegura que non se ascende na xornada sete e é consciente do especial que é o partido do Celta Fortuna. 

"Sabemos da importancia do partido, hai que ter calma porque se xeran moitas emocións".

"Non imos ascender na xornada 7".

Lucas tamén falou do adestrador, que pode estar en cuestión se o resultado diante do Celta Fortuna non é positivo. Segundo o xogador de Monelos: "Non concibo outro Deportivo sen Imanol. Hai que estar tranquilos e véxoo ascendendo este equipo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade