Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas e Davo marcan no triunfo do Deportivo sobre o Compostela

Lucas e Davo marcan no triunfo do Deportivo sobre o Compostela

O partido xogouse na Pobra do Caramiñal, coa celebración do 50 aniversario do club local

G24.gal 10/08/2023 21:55

O Deportivo e o Compostela sementaron a ledicia na vila da Pobra do Caramiñal. No 50 aniversario do club do Barbanza dous dos equipos senlleiros do fútbol galego fixeron unha parada na súa pretemporada para deleitar o público. 

O resultado nestes encontros sempre é o de menos, pero gañou o Deportivo por 2-0. Marcaron os tantos Lucas Pérez no primeiro tempo e Davo na segunda metade transformando un penalti cometido sobre Barbero. 

Os dous adestradores aproveitaron para sacar a todos os xogadores e permitiren que vaian collendo ritmo cando se vai achegando a hora na que principien as competicións da Primeira e Segunda Federación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade