Así é o anuncio da Lotaría de Nadal gravado en San Cibrao
A promoción relata como home busca a propietaria dun décimo premiado para devolverllo
O de Cervo é un dos tres anuncios que presentou Loterías para este sorteo de 2022
Hai á venda 180 millóns de décimos e 2.520 millóns de euros en premios
O vento achega un décimo á punta Atalaia, o faro de Cervo onde comeza unha das historias gravadas na campaña do sorteo de Nadal. O sorteo séguese nun bar de San Cibrao, convertido en plató hai menos dun mes, na busca da florería onde está a verdadeira propietaria do décimo.
Os veciños de Cervo agardaban o resultado dunha rodaxe que traslada a ilusión desde a súa terra, desde a estrada da Marosa, co mar de fondo e unha mensaxe de solidariedade.
Hai outros dous anuncios. Nun deles, un pastor realiza unha longa viaxe coas ovellas para sorprender un amigo ao que acaban de operar. Noutro, unha refuxiada ucraína sente a amizade compartindo un décimo.
Son tres relatos de esperanza nun sorteo que poderán seguir en directo e cunha programación especial na TVG, o próximo 22 de decembro.
Hai á venda 180 millóns de décimos e 2.520 millóns de euros en premios, 112 máis co ano pasado. Veremos, se como no anuncio, a sorte elixe Galicia.