Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Carlos Andrés comeza a dar coa tecla do Compostela (3-0)

Juan Carlos Andrés comeza a dar coa tecla do Compostela (3-0)

Superou con claridade o Palencia cos goles de Fer Beltrán, Jaime Santos e Mario Rodríguez

G24.gal 16/04/2023 14:07

Juan Carlos Andrés celebrou a primeira vitoria á fronte do Compostela dun xeito moi claro diante dun Palencia que se xogaba o descenso. O Compos mantense entre os cinco primeiros clasificados grazas a este triunfo solvente (3-0). 

O tanto inicial de Fer Beltrán logo dunha gran xogada de Samu resultou determinante. O Palencia non conseguía facerlle fronte a un equipo santiagués que facía merecementos para aumentar a vantaxe. O segundo chegou no 56, noutra asistencia de Samu que rematou Jaime Santos. O terceiro tanto foi o anotado polo dianteiro Mario Rodríguez nunha rápida xogada de contragolpe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade