Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jonathan Barreiro : "É un privilexio traballar con Scariolo"

Jonathan Barreiro : "É un privilexio traballar con Scariolo"

O de Cerceda é o único xogador galego na convocatoria da selección española

O venres ante Macedonia e o luns ante Xeorxia comezan a fase de clasificación para o mundial de 2023

O xogador do Unicaja non pon límites a súa progresión e espera seguir crecendo no conxunto andaluz

G24.gal 23/11/2021 22:17

A selección española de baloncesto xa está concentrada en Guadalaxara onde prepara os primeiros partidos clasificatorios para o mundial de 2023.  E na citación de Sergio Scariolo un xogador galego, Jonathan Barreiro , que onte xogou 'Ao contraataque':

"Moi contento de representar a Galicia nesta convocatoria. Sempre é importante que conten con un, significa que estamos facendo un bo traballo no noso club. Para min é unha motivación extra. É un privilexio traballar con Sergio Scariolo. É un soño que ó principio semellaba que estaba moi lonxe e que con traballo puiden acadar"

 

Un Jonathan Barreiro que tamén valorou a situación dos equipos galegos da liga ACB:

"O Obradoiro xa o coñecemos todos. Moncho sempre fai moi boas fichaxes con xogadores que sempre se revalorizan tras xogar aí.  E o Breogán é o equipo revelación da ACB. Espero que se recuperen da COVID o antes e o mellor posible e que sigan con ese bo traballo que están facendo"

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade