Joan Carrillo, terceiro adestrador da temporada para o Lugo
O catalán ten 54 anos e unha longa traxectoria en equipos en Europa

O Lugo xa ten o terceiro adestrador para esta temporada. Trátase do catalán Joan Carrillo (54 anos), que será presentado nas vindeiras horas e intentará sacar o equipo da dramática situación clasificatoria en que se atopa, a máis complicada dos seus anos en Segunda División.
Carrillo é un adestrador con moita experiencia en ligas europeas, que na liga española exerceu como axudante no Español e como primeiro técnico no Xirona e no Almería.
A Carrillo gústanlle as novas experiencias e mercados. Hungría, Croacia, Polonia... son os países dos equipos que dirixiu na última década. Desde o Videoton, pasando polo Hajduk Split, Wisla de Cracovia, Fehervar ou Debrecen, a súa derradeira experiencia que rematou en xuño do ano pasado.