Janis Timma é seria dúbida para xogar en Bilbao
Os de Moncho Fernández xogarán sabendo os resultados do Breogán e do Granada
O base Oleksandr Kovliar é baixa no Monbus Obradoiro para o partido deste domingo contra o Surne Bilbao Basket, mentres que o seu compañeiro Janis Timma é dúbida por mor dunhas molestias na zona lumbar que lle impediron adestrar no que vai de semana co grupo.
O internacional ucraíno segue sen recuperarse da lesión no pé que xa lle impediu xogar os últimos partidos da liga Endesa, polo que Moncho Fernández terá que elixir entre o arxentino Fernando Zurbriggen e o letón Janis Strelnieks para a dirección do equipo.
Con todo, a súa maior preocupación está no estado físico de Janis Timma, que xa xogou minguado o último partido contra o Baxi Manresa e empeorou da súa lesión na zona lumbar.
“Nestes momentos é complicado pensar que poida chegar ao partido do domingo”, declarou o técnico santiagués, quen medita, mesmo, deixalo fóra da convocatoria".
Os de Moncho Fernández xogarán sabendo os resultados do Breogán e do Granada.
"O foco ten que estar no que depende de nós. O noso negociado é o partido de Bilbao".
No último partido ligueiro, Moncho Fernández deixou fóra da convocatoria á veterano base Janis Strelnieks, fichado a finais de febreiro para reforzar unha posición na que perdera ao estadounidense Eric Washington.