Publicador de contidos
Publicador de contidos

Efrén Llarena gaña o Rally de Ourense por catro segundos

Efrén Llarena gaña o Rally de Ourense por catro segundos

Cohete Suárez presionou no último treito pero só conseguiu recurtar dous dos seis segundos que tiña de desvantaxe

Unha avaría deixou fóra a Iván Ares cando lideraba a proba a catro treitos do final

G24.gal 17/06/2022 19:01 Última actualización 18/06/2022 17:20

Minuto a minuto

TC1. Amoeiro

Iván Ares marca o mellor tempo con medio sgundo de vantaxe sobre Efrén Llarena. Espectacular o de Cambre que acaba de aventaxar en máis de nove segundos a Pepe López e Cohete Suárez. 

TC2 Irixo Boborás

Pepe López resposta marcando o scratch con medio segundo sobre o asturiano Cohete Suárez. Iván Ares, moi sólido na terceira posición, mantense como o líder. 

TC3 Amoeiro

Outra vez volve ser Iván Ares o máis rápido con 3.6 sobre Pepe López. Aumenta a diferenza á fronte da clasificación xeral. Xa lle saca +7.2 a Efrén Llarena que se mantén como o segundo máis rápido por diante de Pepe López e Cohete Suárez

TC4 Irixo Boborás

Salta a sorpresa!!! triunfo para Cachón cun tempo de 9:55, por diante de Pepe López e Iván Ares. O de Cambre mantén a primeira posición na xeral pero o segundo xa é o madrileño Pepe López, a 8.1 de Ares. Llarena e Suárez mantéñense na pelexa. 

TC5 Ourense

Agora tócalle a Pernía no treito máis curto deste rally. Parecía difícil meter tempo pero Ares foi o máis rápido entre os favoritos e sacoulle algo máis dun segundo a Suárez e Pepe López e case tres a Efrén Llarena. 

Iván Ares remata a xornada do venres con +9.5 sobre Pepe López, +12.3 sobre Efrén Llarena e +17.4 sobre Cohete Suárez. Son catro os pilotos con opcións de triunfo para a xornada do sábado. 

TC6 Barbadás

Abandono de Pepe López. Problemas para o madrileño que non remata o treito. Efrén Llarena marca o mellor tempo e recúrtalle case dous segundos a Ares. Aínda así o de Cambre mantén 10' de vantaxe na xeral sobre Llarena. Cohete tamén se aproxima medio segundiño.

 

TC7 Toén

Que mala sorte para Iván Ares!!! Unha picada cústalle o primeiro posto no TC7 cando ía de líder. Efrén Llarena non desaproveita a oportunidade, marca o mellor tempo e colócase á fronte do Rally de Ourense. Cohete Suárez está só 7 segundos do castelán leonés. Todo no aire para o TC8 que veremos na G2!!

TC8 A Merca

Os abandonos de Pepe López e Iván Ares non deixan o triunfo decidido. A loita é pechadísima entre Efrén Llarena e Cohete Suárez, que fixo o scratch con tres segundos de vantaxe sobre o seu directo rival. Llarena lidera con só catro segundos. Podémolo ver na G2

TC9 Barbadás

Llarena e Suárez pelexan cada segundo pola vitoria en Ourense. No noveno treito, Efrén Llarena foi un chisco máis rápido. Obtivo dous segundos máis de marxe e supera en seis a Cohete Suárez. Alejandro Cachón ten máis preto o terceiro chanzo do podio. A dous treitos do final, supera a Surhayen Pernía por 38 segundos.

 

TC10 Toén

Segundo scratch para Cohete Suárez. Pero Llarena aguanta e só perde medio segundo!! Afrontará o último treito do Rally de Ourense cunha vantaxe de seis segundos. Na anterior pasada polo treito de Celanova Suárez tamén foi o máis rápido e meteulle 3 segundos. Todo pode acontecer!!!

TC 11 Celanova

Cohete Suárez aperta ao máximo para lograr a vitoria. Marca o mellor tempo no treito pero Efrén Llarena aguanta, non comete erros e gaña o Rally de Ourense con catro segundos de vantaxe!!! Terceiro é o asturiano Alejandro Cachón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar