Cargando resultados...
Isi Gómez cambiou a última hora o Córdoba polo Deportivo
O conxunto coruñés presentou o centrocampista, que o ano pasado xogou no Badaxoz
G24.gal
28/07/2022 12:54
O Deportivo presentou outra das caras novas para esta temporada. Trátase do mediocentro de 26 anos Isi Gómez. Procede do Badaxoz e tiña case pechado un acordo co Córdoba cando apareceu o Deportivo, co que agarda acadar o ascenso e compensar así o pau sufrido polos brancoazuis no último partido da pasada temporada.