Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha casa ocupada en Pontevedra

Arde unha casa ocupada en Pontevedra

O lume afectou un cuarto, pero non houbo que lamentar feridos

O fume estendeuse por toda a vivenda, onde viven dúas persoas sen fogar

G24.gal 18/02/2025 12:10

Un incendio nunha casa ocupada na rúa Santiña de Pontevedra afectou un cuarto, pero non houbo que lamentar feridos. O lume declarouse nun cuarto e o fume estendeuse por toda a vivenda, onde viven dúas persoas sen fogar. 

Ás dúas e media da mañá tivo lugar un primeiro conato de incendio que foi sufocado polos propios residentes. Ás sete da mañá reavivou o lume e foi necesaria a intervención dos bombeiros de Pontevedra. Cando chegaron a porta estaba pechada e había unha persoa durmindo no seu interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade