Cargando resultados...
Idiakez aguanta a balloada: "Creo que estamos no camiño correcto"
"Dominamos, pero non somos eficaces nas áreas", confesa o técnico deportivista, que pon o posto en xogo en Ponferrada
G24.gal
13/10/2023 15:14
Na xornada de Primeira Federacion hai un partido sobranceiro. O que enfronta no Toralín á Ponferradina e o Deportivo.
Con moitos afeccionados do Deportivo que se desprazarán ata a capital do Bierzo. Un equipo coruñés moi golpeado trala derrrota co filial do Celta. Con todo, Imanol Idiakez non se desmoraliza. Lembra as virtudes do equipo branquiazul e está convencido dunha reacción. Foi unha semana complicada para Idiakez. Polo futbolístico e polo persoal.