Iago Aspas: "Teño moitas esperanzas de ir ao Mundial"
Aspas recibiu o premio Zarra ao máximo goleador español da liga Santander da pasada tempada
É o cuarto trofeo que recibe o dianteiro do Celta
Iago Aspas, dianteiro do Celta, declarou este mércores que ten "moitísimas esperanzas" postas en poder estar na lista de convocados por Luís Enrique para o Mundial de Catar aínda que admitiu que "o futuro dirá" se está entre os elixidos.
Aspas foi internacional coa selección española en 18 ocasións, a última vez o 7 de xuño de 2019 contra as Illas Feroe.
"Esperanzas teño moitísimas (en ir ao Mundial). Trato de facelo o mellor posible, marcar goles, axudar a gañar ao equipo e o futuro dirá se estou nesa lista ou non", dixo Aspas, ao recibir o premio Zarra ao máximo goleador da liga Santander da pasada tempada.
"Dedícoo aos compañeiros e á miña familia. É un premio seguir tempada tras tempada en Primeira", confesou o dianteiro galego.