Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas segue batendo rexistros: marcou o seu gol 150 en Primeira División

Iago Aspas segue batendo rexistros: marcou o seu gol 150 en Primeira División

Marcou diante do Mallorca por segunda xornada consecutiva

Está a dous de chegar á cifra dos 200 coa camisola do Celta

G24.gal 15/01/2024 11:24

Unha derrota nos últimos nove partidos. O Celta de Benítez cobra forma. Con silueta de equipo sólido, rochoso, competitivo. Con prioridade para o aspecto defensivo. En Mallorca marcou ao pouco de arrancar, ás nove minutos. Golazo de Aspas. E logo tocou defender.

Un gol máis na conta de Aspas que fan xa 150 en Primeira. Quen llo ía dicir a aquel rapaz que soñaba con "marcar algún goliño para o Celta". A aquel que en outubro de 2012 marcou ante Osasuna o seu primeiro gol co Celta en Primeira, que rápido gañou o cariño de Moaña e logo a todo o celtismo.

Que foi internacional e se fartou de gañar o Zarra. E que once anos despois os seus goles están no máis alto, por riba de Hermidita. E a súa lenda eclipsa mesmo o seu ídolo de sempre, Alexander Mostovoi.

Aquí tedes o primeiro e o último gol de Iago Aspas en Primeira División
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos