Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez xa conta coa peza que lle faltaba no ataque

Claudio Giráldez xa conta coa peza que lle faltaba no ataque

O Celta oficializa a fichaxe de Borja Iglesias, que a temporada pasada marcou once goles ás ordes do porriñés

G24.gal 12/08/2025 10:03

A peza que lle faltaba a Claudio Giráldez en ataque xa se atopa en Afouteza. Este martes completou o primeiro adestramento a carón dos seus novos compañeiros Borja Iglesias. O santiagués, autor de once goles a temporada pasada ás ordes do porriñés, xa está integrado no grupo unha vez que na xornada do luns chegara procedente de Sevilla, pasara o recoñecemento médico e asinara o contrato que o une para as vindeiras dúas temporadas -cunha terceira opcional-.

Claudio terá un ataque similar ao da campaña pasada. A única novidade son as baixas de Alfon, que marchou ao Sevilla, e a de Fer López, con destino ao Woverhampton da Premier League. As fichaxes compensan os que marcharon porque as incorporacións de Jutglá, do Bruxas belga, e de Bryan Zaragoza, cedido polo Bayern de Múnic, son dun nivel moi alto.

Borja Iglesias engádese a unha lista en que xa estaban Iago Aspas, Williot ou Pablo Durán. Seis xogadores para tres postos, algo que demandaba o adestrador e que conseguiu pechar coa chegada do santiagués. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade