Germán Parreño amplía o seu vencello co Deportivo ata o 2026
O porteiro remataba o contrato en 2025 e amplía unha campaña con opción a outra máis

O porteiro Germán Parreño (31 anos) ampliou o vencello co Deportivo ata o 2026 e cunha opción de ampliar o contrato ata o 2027. O porteiro asinara por dúas temporadas cando chegou en 2023 pero o cadro coruñés quixo amosar deste xeito a súa confianza no alacantino.
Parreño foi o titular ao longo de toda a temporada. Xogou 31 partidos e só perdeu esa condición nun par de partidos na primeira volta a prol de Mackay e logo do ascenso por unha lesión. O do Deportivo é o seu segundo ascenso na súa traxectoria logo do conseguido co Ibiza en 2021.
A súa carreira principiou no Español. Pasou Polo Rácing de Santander, Xirona, Elxe e UCAM Murcia ata que chegou ao cadro eivisenco no que acadou a condición de titular e foi unha peza importante na Segunda División.