Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia será a sede da fase de ascenso á Segunda División

Galicia será a sede da fase de ascenso á Segunda División

A Federación Española elixiu por unanimidade a proposta realizada pola Federación Galega

Alacante acollerá a fase de ascenso a Primeira Federación, en que tamén pode haber varios equipos galegos

G24.gal 16/03/2022 20:47

Galicia vai ser a sede dos play-off de ascenso á Segunda División. Adiantabamos o outro día que a Federación Galega solicitárao, e hoxe soubemos que a promoción xogarase aquí.

Oito equipos xogarán as dúas roldas eliminatorias para acceder ao fútbol profesional. Aínda non están decidios que estadios serán sede. Riazor e A Malata son da partida, e o Anxo Carro, Vero Boquete e Pasarón tamén podería albergar partidos.

A fase de ascenso á Primeira Federación, en que agora mesmo hai tres equipos galegos (Pontevedra, Bergantiños e Compostela) celebrarase en Alacante, sede elixida no mesmo acto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade