Do atún, como do porco, aprovéitase todo, e no Grove xa fan aceite a partir deste peixe
Do atún, como do porco, aprovéitase todo, e no Grove xa fan aceite a partir deste peixe
Atunlo bota a andar un novo proxecto para elaborar aceite de atún neutralizado
Atunlo, empresa punteira na transformación e comercialización de atún, avanza un paso máis na economía circular e na sostibilidade grazas ao aproveitamento das cabezas do peixe para a elaboración de aceite.
"Este concentrado de atún é un produto rico en DHA e Omega 3 que, despois dun refinado posterior, utilízase na industria alimentaria principalmente para enriquecer as chamadas Infant fórmulas como potitos ou leite en po para bebés", relata Juan Mariño, responsable da fábrica.
A obtención deste aceite, rico en ácidos graxos esenciais, foi posible grazas a un acordo de colaboración coa empresa xaponesa Nissui Pharmaceutical. As novas instalacions de Atunlo no Grove, nas que se investiron 4 millóns de euros, van procesar cada ano 360 toneladas de cabezas de atún.
"Con este proceso péchase o ciclo da produción do atún, co aproveitamento dos produtos resultantes da súa actividade que antes só se procesaban e valorizaban como fariñas para a alimentación animal. É por iso que hoxe inauguramos e celebramos algo máis que a nova planta de Atunlo, hoxe inauguramos un proxecto pioneiro, un proceso que non se fai en ningún outro lugar do mundo", apunta Rosa Quintana, conselleira do Mar.
Con este brinde botou hoxe a andar esta nova factoría que vai dotar de maior valor engadido a un produto tan importante na economía galega e que fai facer unha realidade posible, que do atún xa se aproveite todo.