Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga derruba a porta do primeiro equipo

Gabri Veiga derruba a porta do primeiro equipo

A entrada do porriñés no descanso contra o Cádiz foi determinante e está a convencer a Coudet

G24.gal 05/09/2022 21:46

Veñen partidos esixentes para ver se o Celta segue medrando. O primeiro contra o Atlético de Madrid. Un reto para Coudet, que o venres tirou de ousadía e tivo recompensa. Gabri Veiga entrou co debutante Larsen e revolucionaron o partido. O porriñés foi unha das grandes noticias.

Gabri Veiga renovou cara ó final da temporada pasada despois dunhas negociacións que lle custaron adestrar co primeiro equipo. Foi o segundo máximo goleador do filial, a pesar de non ser dianteiro. E xa demostrou que ten nivel de Primeira. O Celta xoga este sábado no Metropolitano ante un Atlético cos mesmos sete puntos.

O único que acabou tocado contra o Cádiz foi Oscar Rodríguez. Está pendente de probas médicas, é dúbida a golpe de luns para medirse ós de Simeone.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade