Gabri Veiga aproveita a oportunidade
Un gol do porriñés, que saiu como titular, decidiu o partido contra o Betis
Balaídos asiste este ano ó nacemento dunha estrela. Gabri Veiga aproveita cada oportunidade para amosar o seu talento, atrevemento e gol. Pedía a berros ser titular e non defraudou. O seu gol vale tres puntos.
Casualidade ou non. Veiga saíu no once inicial en ausencia de Coudet por un problema familiar. O seu segundo Ariel Broggi insiste nas cautelas co que xa se sinala como remuda de Denis Suárez nunha posición clave.
Despois foi Marchesin, quen exerceu de salvador a pesar de que o Celta xogou en superioridade numérica. Resarciuse dalgunha maneira dos sete goles recibidos entre o Metropolitano e Mestalla.
O seguinte compromiso será ante o Barcelona, con Gabri Veiga e Aspas recuperado dos problemas estomacais que lle impediron gozar plenamente da tarde en que amosou os seus prezados trofeos. Tamén os catro Zarras.